
non te vaias sen antes afogarte
destas estrañas flores de húmidos pétalos
despois de bebelo meu sexo
entre as nosas ruínas
neste bosque de hedra
deixa cas miñas coxas impasíbeis
pazan na herba humillada
e salga este manancial entre as miñas pernas
para regar as flores que nacen
entre o esterco
deixa que agoche a miña desvergoña
como un funesto infante
que abre os seus brazos rotos
para ser levado pola tormenta
aínda durmido
entre as pernas da súa amante
despois de dicirlle: que ela é o que máis lle interesa
non hai soño nin pereza
que deteña o medrar das flores
como chulos dunha noite
sostendo nas súas mans
unha navalla de afiado fío
fanse sitio entre esta fatiga
eu espero de ti todo o que ti de min esperas
algo noso irrexeitable volvera á terra .
2 comentarios:
Vaia. Embarazo. Letargo.
Torpeza?.
Como superar a torpeza?.
È.
Gústame a composición das frases, son abondo complicadas.
Deica.
Complicado?.
Leirachá coas súas. Porno ( enténdase). Sado. Masoquista. E para líala un pouquichiño algo da semioloxía da realidade. Todo un éxito.
Iso. Éxito!.
Publicar un comentario