venres, 6 de maio de 2011

icona.



horizonte invisíbel
actual e único
sen nome
se non é na contemplación
horizonte perfecto
in nomeado
naufragar para pensar
impasíbel
unidade particular
disolta
en formas intimas
paixón
só unha paixón
movéndose dentro
dun ser mesmo
para mudar
un enderezo: o tempo
“cousa” cravada
nas costas da esperanza
“cousa” cravada
un enderezo: o tempo
para mudar
dun ser mesmo
movéndose dentro
só unha paixón
paixón
en formas intimas
disolta
unidade particular
impasíbel
naufragar para pensar
in nomeado
horizonte perfecto
se non é na contemplación
sen nome
actual e único
horizonte invisíbel.

3 comentarios:

UN. dixo...

Coma nunha escaleira baixa e logo?. Sube. A que recordas?. Orixinal.

Anónimo dixo...

Moito bo,2 horizonte so visíbel na contemplación “ (dis) e o desenrolo espiral do poema. Felicitacións .

Timothy. dixo...

EXCUSES PLEASE.Moito bo o do horizonte so visíbel na contemplación “ (dis) e o desenrolo espiral do poema.Congratulations.