sábado, 14 de maio de 2011

babia.

en babia hai esperanza
crerse inocente e moderno
non nos preguntamos por nada
preferimos pensar
que todo é un conto
non perturba o egoísmo
nin desgraza nin anguria
e u odio é unha marabilla
neste inconexo mundo
aquí todo ao revés medra
non pode ser doutra maneira
en tamaño paraíso
onde as linguas son de baba
e as entrañas
o manxar preferido
onde a flor da pataca
medra exuberante
para adornar o histórico
materialismo
e tódolos días esperamos
a néboa no peirao
para que nos devolva a fala
aquí hai esperanza
asegúrocho
mendigalo animo é o ben
máis prezado
tanto que ás veces
morres sen descubrilo.

4 comentarios:

Anónimo dixo...

Acedo moi acedo con moita información case desoxirribonucleico. Bo día das letras.
Unha aperta.

UN. dixo...

O EMPREGO DO GALEGO É UNHA CUESTION DE IDADE?.

A porcentaxe de galegofalantes increméntase canto maiores son as persoas, como revela que o 58,87% das persoas galegas de 50 ou máis anos falan habitualmente só galego, mentres que no grupo de idade entre 30 e 49 anos esta cifra descende ata o 36,65% e nos galegos de cinco a 29 anos baixa ata o 27,83 %.
Segundo o IGE, dos galegos que empregan máis a lingua galega que o castelán para comunicarse, o grupo de idade máis numeroso é o das persoas de 30 a 49 anos, cun 20,52% dos cidadáns con este comportamento lingüístico. As cifras descende no grupo de 50 ou máis anos ata o 18,71% e nos mozos de 5 a 29 anos ata o 16,15%.

Das persoas que empregan máis o castelán que o galego, a porcentaxe media de Galicia de 18,72% descende se se fala de maiores de 50 anos ata o 10,28% pero increméntase ata o 21,14% entre os galegos que teñen entre 30 e 49 anos e ata o 27,80% nos mozos de 5 a 29. A cifra media do 19,75% dos cidadáns de Galicia que habitualmente só empregan o castelán para comunicarse descende ata o 12,14% dos galegos no grupo de idade de 50 ou máis anos mentres ascende ata o 21,69% na poboación de 30 a 49 anos e ata o 28,21% no grupo de idade de cinco a 29 anos.

En termos xerais, os homes que falan só galego, o 44,11%, superan en todas as franxas de idade ás mulleres que empregan o galego como lingua única (41,68%). Por outra parte, no que respecta aos hábitos de escritura da poboación galega, a enquisa do IGE revela que o 84,86% dos galegos escriben habitualmente en castelán e os que o fan en galego son só o 14,41%.

Por provincias, Lugo presenta a maior porcentaxe dos que escriben habitualmente en galego, cun 18%; mentres que Ourense presenta a menor, cun 13,62%; Pontevedra rexistra o 13,7%; e A Coruña o 14,09%. En canto aos que escriben habitualmente en castelán, Lugo presenta a menor porcentaxe, cun 81,24%, seguida de Ourense, cun 84,53% e A Coruña, cun 85,37%. Pola súa parte, Pontevedra rexistra o maior uso do castelán escrito, cun 85,75% dos cidadáns con este uso. ____(Collido do Xornal.com).

Anónimo dixo...

Que é? A premonición do que esta a pasar. Pois sexa.
Ánimo!.

Anónimo dixo...

¿¿¿¿¿Para cando outro?????????.