sábado, 4 de xuño de 2011

dous tempos.


estou preso
dentro dun motor
de dous tempos
atado aos contrapesos
dun cegoñal
para dar só unha volta
esperando impaciente
que o bulón
exerza a presión
e que despois da combustión
perfectamente
os gases queimados
non se mesturen
que o aire gasolina e aceite
grazas ao deflector
pola lumbrera de escape
saian diáfanos
como a gasolina
os meus pensamentos
teñen que atravesar
unha malla tupida
para deixar alí
tódalas impurezas
si me deixa a agulla
de punta cónica
poderei entrar e saír
por favor pido
que o stárter
estrangule o paso do aire
no momento do arranque
e o motor quede ao ralentí
para acto seguido
despois desta marcha lenta
acelerar lixeiramente
e accionar do arranque
o seu dispositivo
que veña voando unha bolboreta
e coas súas ás
provoque a entrada de aire
aumentando a succión
deste gas enriquecido
un fundamento moi parecido
é polo prato magnético
o seu acendido
toparaste como eu me topo
agora enriba dun voante
nun extremo do cegoñal
sobre un imán
que sinala o sur e o norte
a miña mirada bobina
descubre sobre un núcleo
de ferro doce
dous arrolamentos
un primario e outro secundario
que ao xiralo voante
arrastra ao cegoñal
cortando o núcleo
as liñas de forza
que no imán
van dun a outro polo
pero sabes unha cousa
xa pode haber motores
que se a buxía non fai chispa
sexa de sangue quente ou fría
e aínda que os meus pensamentos
atravesen esa malla tupida
seguirei preso
nun motor de dous tempos
o resto dos meus días.

2 comentarios:

UN. dixo...

Preme na foto. Que bo!. Pulsa na fotografía veras que bo.
Vaia ben.

Anónimo dixo...

Siiiiiiiiiiii.El e ela en dous tempos!.