domingo, 26 de abril de 2009

fábula


fatuo foi buscar
a flor máis fermosa
e aquel día
choutaban as ras
no estanque quedo
cantaban afónicos
os paxaros do gran bosque
¡perdón!
do monte
os cometas
deixábanse caer
como saloucos
para descansar
dos seus longos soños
as súas pernas
ao pasar brincando
facían un pasillo
entre a herba
sen rechistar
collía nas súas mans
os raios do sol sorrinte
e mandábao de volta
a oriente
saíra en busca da flor
máis fermosa
de súpeto
cando camiñaba
decidiu sentar
e comer algo
pois tiña fame
pero non puido comer
pois preocupáballe
non topala flor antes do anoitecer
os grilos cantaban
para recibilo
no seu territorio
a canción que predi
que axiña chegara a noite
fatuo non dubidou
en repartir con eles
un anaco de pan
e contarlles a súa teima
pero os grilos
como eran dun conto
nada dixeron
nin nada puideron facer
despedíronse tan lánguidos
todos tan tristes
e comezou a correr
entre as flores máis grandes
e de cores que xamais vira
aquí ala acola
e de pronto tropezou
e ao caer ¡que pena!
soaron cascabeis
e saíron mil doncelas
de fume e néboa
e ao erguerse ¡que alegría!
viu á flor máis fermosa
pequena como un dedal
onde podes metelo mundo todo
fráxil como unha pompa de xabón
xove como os recordos
achegando a súa nariz
a modo cheirouna
e dende aquela as flores
teñen olor
aquel día non pasou a noite
polo pais de fatuo.
perdón.

3 comentarios:

Hara y Kiri dixo...

Todo esto significa fatuo: altanero altivo arrogante engreído jactancioso orgulloso petulante presumido presuntuoso ridículo soberbio vacuo valentón vanidoso vano atildado emperifollado narciso lelo lila tonto necio .Es todo esto o altanero altivo arrogante engreído jactancioso orgulloso petulante presumido presuntuoso ridículo soberbio vacuo valentón vanidoso vano atildado emperifollado narciso lelo lila tonto necio .Nada comparable con una flor como un dedal donde se puede meter al mundo.
¡Bravo!.

Anónimo dixo...

Sempre na leira chá os lugares ideais, utópicos existen, os horizontes que anoitecer semellan máis pequenos, para collelos nunha man, como unha pequena flor coma un dedal, que contén un mundo enteiro.

Saúdos, apertas e bicos fraternais compañeiros

MPG

Amalia M. Lombao dixo...

Gustoume moito o teu blog. Brilante poesía, que supura dende o interior.

Amalia Méndez Lombao.

www.amamelombao.blogspot.com
www.lugo.cidadans.net/Amalia_Méndez_Lombao