
a súa esposa deixounos,
nada máis terme
dixo que saia
por unha caixa de coitelos
por unha caixa de coitelos
e que logo viña
a culpa tívoa o autobús
e ela por subir nel
iso di todo o mundo
dende Galiza a Budapest.
moito chorou
de tanto que chorou
dicían que ao meu pai
lle encollera a cara.
cando viña de velar
chegaba a casa escorado
despois da travesía
como cuspido
das entrañas dunha balea
arroxado contra a porta
como un coitelo perdido
da miña nai
da miña nai
que mentres se desencravaba
chamaba eu por el
que viñera a axudarme,
a valerme pois tíñame encerrado,
preso a modo
por medo a que me fora como ela
e non voltara,
e non voltara,
por medo a non topar a ninguén
á súa volta
por medo a toparse co medo.
vou xa vou ladrón.
logo abría e entraba
eu calaba e esperaba o seu discurso
con ansia
pero sen darllo a entender.
el achegábase a min
como quen ten frío
un frío que lle arrepiaba as carnes.
a luz fráxil da lámpada
tremía enriba do baúl,
a súa alma era unha sombra chinesa
movéndose na parede
enriba do son do nordés e o murmuro do mar.
¿ti quéresme verdade?
deixaba caer as sílabas
arrastrándoas entre os dentes
arrastrándoas entre os dentes
logo como un desmaio
sentaba na cadeira preto de min
abrazando coas súas mans
o ángulo da mesa,
facendose de noite na boca del,
entón saquei como si me queimara,
facendose de noite na boca del,
entón saquei como si me queimara,
da súa chaqueta a chave
que me tiña preso,
que me tiña preso,
o seu corpo parecía mastigado debagar
polo soño ate ser dixerido.
fóra ao lonxe
podíanse ver dende o mainel
os brelos das luces das casas
chiscando os ollos,
os cans ouvear no ventre da noite,
o meu pai tiña un durmir profundo
e un ollo aberto
eu tiña a chave e a porta aberta.
do porto subía a néboa
el de seguro xa espertara
e eu debíame de poñer triste,
pensando na soidade que o abordaría
iamos camiñando a beira dun túnel
que ao final parecía o fio dunha folla
polo que te ías metendo
un ollo de nai
que nos miraba dende alén do camiño
como a luz dun faro ao noso paso ,
o reflexo do porto dende alí
na súa man era unha folla longa
dun coitelo prateado
que encertaba o mar.
2 comentarios:
Yo también quiero ser Marianne Faithfull para cantar who will take my dreams away? Y llorar como una bestia, mientras sigo buscando a mi lanzador de cuchillos.
La novia de Prometeo.
Aqui:
http://www.youtube.com/watch?v=Np1bn6P747o.
Publicar un comentario