domingo, 19 de abril de 2009

galana


da a volta
e mirase no espello
para baixalos ollos
á pía
alí mergúllanse
nun anaco de auga
dous peixes
de cor laranxa
ao miralo teito
lembra que quedáronlle
onte cando ía poñelos
nunha copa de cristal
a marea esta baixa
nas súas veas
a area enche a palma
da súa man
as gaivotas peteiran
a beiramar
as paredes da casa
desaparecen
nun abrir e cerrar
de ollos
todavia pode
comeza a amañecer
no hall
ela é forte
leva de loito toda a súa vida
e con seguridade a que esta
por vir
como agora
sempre canta
mentres dálle de comer
ás galiñas
e pensa na guerra
que ten pendente
que é o seu xardín
rápida enfrontase a el
armada ata os dentes
ata penetrar
no mundo floral
corta aquí o que sobra
asasina as malas herbas
todo moi de presa
pois non lle chega o tempo
fochica coas súas man na terra
as pedras que topa despistadas
de seguida cólleas
méteas nunha bolsa castigadas
e para que non escapen
átaas ben
ao erguerse
case desfalece sufocada
a súa cara vermella
como un tomate
mirase no espello do lavabo
as súas mans en xerras
agarra a súa contornada cintura
¡que cousa rara, que calor sufocante!
todavia podía
os peixes xa son
dúas ás de bolboreta
flotando na pía.

3 comentarios:

REFUGIO dixo...

Yo tambien voy a poder todo lo que me proponga ¿porque no? y sabes que...que quiero.Gracias por escribir, por hacerme entender tantas cosas.

Anónimo dixo...

Verdad que ella no sale del espejo el resto lo imagina pero no sale del espejo mientras se desarrolla toda la historia .Verdad? Podía pero los peces se convirtieron…..se murieron por eso flotan como alas de mariposa. ¿Verdad?
Lo estuvo pensando, lo pensó demasiado se le fue.
La hermana de Prometeo.

ELA dixo...

Eu penso que ela pudo, que lle deu tempo a limpar e tirar moi lonxe todo o que a tiña atada e non a deixaba ser libre e feliz,e por iso a os peixes salironlle as de bolvoretas,de mil colores e puderon sair voando e ser libres coma ELA.