domingo, 12 de abril de 2009

a,a,a,a,


se non estou disme
por que te fuches
por que te marchas
se estou
como se non estivera
é soidade máis nada
estar para non estar
estar sen estar
se chego
como se non chegara
se non chego
por que non cheguei
¿e de onde chegas?
¿onde estas?
¿onde vas?
cando estas
é como se non estiveras
soidade máis nada
o vertixe que produce
a auga cando vaise
entre os dedos
e cae ao chan
quen é o que esta
quen é o que non esta
só pódese silenciar
o que non fere
a,a,a,a,a,a,a,a,
estar, non estar
¿cando se esta?
¿cando ti queres?
con quen se esta
só con quen ti queres
e o resto non se esta
quen esta
para que estou
para servilos teus medos
estou, non estou
deixei de estar
¿ou es ti quen non esta?
soidade máis nada
o vertixe que produce
a auga entre os dedos
a,a,a,a,a,a,a,a,
estou e non estou
mellor que renunciar
a toda esperanza
de que algún día
sexas ti quen este
se non estou disme
por que te fuches
por que te marchas
se estou
como se non estivera
a alegría envelenada
pola tristeza
estou, non estou
ao erguerme ao deitarme
ao vestirme, ao espirme
no traballo, na casa
contigo, comigo
como a auga
que vaise entre os dedos
e cae ao chan
só pódese silenciar
o que non fere.

3 comentarios:

Hara y Kiri dixo...

Que silencio, que agobio nos quedaramos coa auga entre os dedos, que sensación , so pódese silenciar o que non fere, é un dos mellores. Pero............ arriba o animo.
Parabéns. Hara y Kiri.

Anónimo dixo...

Ser ou non ser estar ou non estar por moito tempo que pase sempre esta ai dita cuestión. ¿Non estar non ser ou estar ou ser?.Paréceme.
Un que pasa por aquí.

Anónimo dixo...

Fai tempo que visito o seu blog escoitara falar del a dúas mulleres, debían ser irmáns nun café a noitiña e falaban dunha maneira que non escoitara antes e dende aquela frecuéntoo con asiduidade.
Non para de sorprenderme é como escoitalo a cada frase que vai poñendo. Eu non escribo non sei, gustaríame a un que fora poder facelo como a metade da metade que fai voste .Hoxe tampouco sei por que lle escribo sei encámbeo que estou moi agradecida de léelo e seguirei a facelo . Moitas gracias por compartir tantas cousas as veces tan sorprendentes.
Unha lectora.