luns, 6 de abril de 2009

lorigas


facía tempo que non me detiña
a velo lento que pasa o día sobre un garabato
tanto como nun prato cheo de palabras
imposíbeis de somerxer
a carencia da brúxula
para unha única embarcación
o corpo
cheo de reloxos de sol
que van marcando as horas
enriba das follas dos libros
non lidos
para que quizais ao solpor
na merenda
flote no aire un bodegón
de cor cenoria e porcelana craquelada
unha fotografía esquecida
no álbum
polo que só entran as visitas
unha moca marsupial
que deletrea o ansia de volver ao feto
unha viaxe ao deserto
dentro dun cántaro de barro
aínda húmido, intacto, un milagre.
un espellismo,
fume
para desaparecer nel.

ti es como as lorigas de aceiro,
unha bela armadura
que me protexe do desdén.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Napoleónico!. Sabes que hai unha oda a napoleón que chamase “El Vestris de Baryshnikov”?.Tamén de Schoenberg.
Querido: “¡Vive l’Empereur!”, esquece Waterlloo ou lémbrao para sempre.
La hermana de Prometeo.

Anónimo dixo...

¿sabes? eu teño a alguen con unha loriga de aceiro e para mi a persoa mais importante.