mércores, 25 de marzo de 2009

pinocho


¡polos meus ollos de madeira!
non é certo
que eu fora bipolar
daquela xa existía Bologna
chámome Pinocho
todos coñecédesme
polas mentiras que contaron
de min.
non fun fillo de ministro
tampouco un votante
que nada ten que dicir
fun un producto
da disney e os gobernos
para as mentes reducir,
ocultaron a verdade
sobre min,
vivín xunto a un tal Xeppeto
por debaixo da pobreza
a miña nai “descoñecida”
votaba as cartas e chamábase
“a nena do cabelo azul turquesa”,
a nosa casa nunca chegou
a asistenta social,
eu padecía un trastorno
psicosomático que me provocaba
medramento de nariz,
relacionáronme coa delincuencia,
de consumo de drogas,
de ter os penais,
e de fuxir ao pais
máis fermoso do mundo,
e agora como antes
séguese a pensar na cabeza
e non no estómago
dos que sofren e as pasan negras
e ante este silencio tan obediente
teño que dicirvos
que chámome Pinocho
primeiro aforcáronme
despois fun un producto
da disney e os gobernos
para as mentes reducir
esta é a miña verdadeira historia:
pensar e perigoso.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Ohhh probe Pinochiño e eu que pensaba que o seu corasón era de madeira e a súa sangre de virutiñas. Parabens.
Amelita.

Anónimo dixo...

Se aínda pensaran estes gobernos na cabeza non nos doería tanto. Oes campión estache ben o conto, disto do naris moito che ai pola zona. A que si Amelita e que............. claro que destes pinochos non tantos.
Aburiño.
Un parao (a piques do subsidio).

Anónimo dixo...

Esto tampoco lo sabíamos de niños.
La historia de este gólem de madera necesitó tres años para llevarse a cabo y obtuvo una gran respuesta por parte de la crítica. Y es que el relato recordaba poderosamente la vieja historia del "autómata" de barro al que un rabí judío de la Praga del siglo XVI, un tal Lew, dio vida mediante un conjuro que incluía el escribir sobre la frente del muñeco de arcilla la palabra "emeth" (verdad). Aquel maniquí, al que se llamó gólem, inspiraría muchos relatos de terror hebreos e incluso una novela de éxito de Gustav Meyrink, que fue publicada en 1915 y a la que muy probablemente accedió Disney. Tras la idea del gólem subyacía la ancestral capacidad "mágica" de dar vida a lo inerte.
Pero Pinocho resultó ser un gólem bueno y la Academia premió la película con dos Oscar. Desgraciadamente, su estreno, el 2 de julio de 1940, coincidió con el inicio de la segunda guerra mundial, haciendo que el 45% de los ingresos procedentes del mercado europeo se perdieran. . Gracias.
Prometeo.