domingo, 8 de marzo de 2009

cento vintenove


eramos iguais
grans de area
do mesmo deserto
os mesmos fíos da madeixa
para tecer unha vida
en común.
verde
verde esperanza
castelos sólidos
no chan
antes sobrevoando
o aire,
eramos iguais
no mesmo deserto
de area,
xa sei,
cento vintenove inocentes
xacen no teu corazón
cento vintenove formas
de chamar á liberación,
cento vintenove silencios
para aprender a berrar de novo,
cando míraste nos ollos del
desapareces
e algo no teu interior berra,
a igualdade é muller
a liberdade é muller
a vida é semente
no ventre da muller,
a palabra é feminina
e aínda somos
unha terra sometida
polo medo infantil
do home,
somos iguais
os fíos que tecen
a mesma madeixa,
os nosos pés
pisan a mesma area
sufrimos xuntos,
amamos xuntos
pero somos diferentes
o noso mundo
é o sufrimento
dos vosos designios
das vosas decisións masculinas,
somos o comodín,
o descanso do guerreiro,
a almofada, o polbeiro,
a fregona,
a directora espiritual,
o psicanálise ,
o pracer, o desafogo,
a culpabilidade.
déixame seguir tecendo
a revolución
que esta por vir,
espidos baixo a mesma choiva,
a mesma palabra.
déixame tecer a igualdade
antes de que a furia equivoca
do home me leve por diante
cando te leve a ti.
déixame tecer
cento vintenove maneiras
de non desvaecer.

(Un oito de marzal de 1908, cento vintenove mulleres traballadoras dunha fábrica téxtil manifestábanse en Nova York polos seus baixos salarios e as nefastas condicións nas que traballaban esixindo o descanso dominical, a reducion da xornada a 10 horas e recibir igual salario por igual traballo que os homes. Estas morreron por causa dun incendio que provocaron as bombas que lles foron lanzadas polos patróns, en resposta á negativa das manifestantes a saír do seu encerro morrendo carbonizadas.)

3 comentarios:

Proida dixo...

Gracias.
Unha muller

Anónimo dixo...

Eres increible,grazas polo teu apoio as mulleres traballadoras que loitan non solo este día sinon todos, polos seus dereitos pra conseguir ser como
dous grans de area xa que solo nos diferencia o sexo.

Anónimo dixo...

¡VIVA A NAI QUE TE PAREU!........e que outras paran moitos coma ti.
Bicos.
Hara y Kiri