luns, 2 de marzo de 2009

non esquezas


o domingo é o peor ou mellor
día da semana,
unha adiviña encarnada
a través da estrada
por máis que queiras evitalo.
ao volante é
como se levaras anteollos
e un radar tratando
de acadalo obxectivo
e o obxectivo esvaecese
no espello retrovisor
ao collela curva e
volver a endereitala dirección.
non hai ninguén
a esa hora na que
amortece a noite
para deixalo día escomezar
entre saloucos,
gas e babas das vacas
no outro lado da estrada
ata que chegas a un cruce
e teste que decidir con quen vas.
como nunha urna,
é domingo cando
os raios de sol
mestúranse co fume
das chemineas que van moldeando
o apetito ao pasar preto
das casas que nacen
como setas esparramadas
sobre o céspede que antes
era terra labrada
e hoxe a penas queda
a columna vertebral
do que era un muro de pedra
ao longo da propiedade.
unha división que afasta
unha maneira e outra
de situarse no territorio,
de asegurala súa pertenza.
no mesmo punto kilometrico,
do domingo da anterior semana.
quen mirara aparcado o coche
e fora sentado na posición dun loto
podía adiviñar con facilidade
que o único bo que podía acontecer
era non chegar a ningures.
e non esperar a ninguén
sen afastarse das alegrías
e as tristuras da vida,
tratando con elas
sen fuxir da Verdade
e iso notábase
na maneira de selar a cántaro cos ollos
mentres caia o leite golpeando o vidro.
¿onde estaría?,
preguntábase a se mesmo,
para volver a sentirse preto da vida,
mentres o corazón
navegaba a cada sorbo,
como se tivera urxencia por naufragar,
por xacer tendido en silencio,
por fundirse no mesmo céspede
que debuxaba o medio día
ata esgotalos latexos
nos ollos da imaxe que tiña diante,
hoxe non tiña presa,
as mans non loitaban por explicarse
a lingua apuntalaba o padal
sen dificultade.
descifrar, chegar aquí,
volver a anegarse de todo
o contrario ao que se desexa
cá falsa esperanza de vivir,
como lle chaman a esto os mediocres.
¿felicidade?. que tristura.
mellor darlle de beber o leite a Shiva,
antes de darllo a beber a eles,
non esquecerei este domingo
non podemos esquecelo xamais.

4 comentarios:

Anónimo dixo...

Boísimo, diferente para dicilo tan claro, quédanos as ideas, poucas pero algunha esperanza e sobre todo xente coma ti.
Unha que pasou por aquí

Anónimo dixo...

Mas fuertes que antes delante de los mediocres para decirles que no nos van a reducir a la milesima y tu con nosotras. ¿Verdad? Desastre de país e de pais.
Hara y Kiri.

Anónimo dixo...

A verdade e que o Domingo e un día especial, e de este non vou esquezer a xente que loita e ten unhas ideas fixas e non vai pra donde sopla o vento sinon que sigue unha direción unica veñan bos ou malos tempos.

➔ Sill Scaroni dixo...

Bonito blog.
Guste moito dos seus escritos.

Sill