domingo, 15 de marzo de 2009

filoctetes




tal é o meu sufrimento
unha soa bagoa
na miña cara
coagulada para sempre,
ningún manancial
calmara a miña sede,
nin o sangue que brota
da miña ferida
o corazón devorado
pola dor.
namoreime
e fun dar a unha illa deserta,
e non me doe
a mágoa que me devora
senón a traizón.
adoro o medo a sufrir.
afástaos os débiles,
os pusilánimes,
tódalas noites,
borrascas,
longos camiños,
os mais crueis dores
e toda clase de traballos
pois todo resúmese no pracer.
no soño que tememos
de non voltar a espertar.
cando se ama tan inmensamente
algo remata.
é a alma a que produce o seme
tal é o meu sufrimento.
os beizos que se aman
son os mesmos
que nos esnaquizan e comen.

Militiae species amor est; discedite, segnes:Non sunt haec timidis signa tuenda viris.Nox et hiems longaeque viae saevique doloresMollibus his castris et labor omnis inest
Ars amatoria.(Ovidio).

2 comentarios:

Anónimo dixo...

MOITOS PARABENS!

Anónimo dixo...

Alma, semen. ¿Quizás Carpe Diem?.
La hermana de Prometeo.