domingo, 22 de febreiro de 2009

carrus navalis


esperta o día no ventre da loba capitolina
que amamanta a Romulo e Remo.
Andando , rompendo a afonía das follas que imos pisando,
afastando seus tons, verdes, ocres,
laranxas, vermellos,
como pompas de auga que parten ao tocalas,
empachando a terra húmida ao noso paso camiño da aldea.
vadeando sendeiro arriba de auga e lama,
sedentos, retumbando o son das gaitas no noso peito,
dilatando e contraendo o musgo que sen querer pisamos.
esperta o humus que se alza dende o vapor frío das fontes.
Tenteando os pasos para sortear caerse ,
asíndonos das mans lupercais
para facilitar o desligamento monte abaixo,
deixados mortos da risa,
sobre unha pirámide ilusoria onde xacerse,
sobre un penedo dende onde se divisen os catro puntos cardinais.
Entre tragos de viño escarlata,
para ahuientar o frío nun descoido da afonía
despois do cántico espido das gorxas.
Ao lonxe vese a aldea, baixo o fumo das chemineas das casas.
Ao entrar, sobre a mesa nunha fonte ,
a cabeza do marran a herba verde esmeralda,
o pan, o viño, a risa, as palabras.
Despois os postres,, os licores,
os recordos dos que xa non están,
os recordos dos que si están,
os recordos dos que non coñeces.
¡Viva o Entroido!
.............. e corre o viño e a risa,
vaise o inverno entre as mans que se unen
nunha rolda humana que xira e xira
case hasta o desmaio.
Non nos coñecemos e se nos coñecemos,
disimulamos, por que agora somos farrovellos,
piratas, curas, mouros,
castos frades, pantasmas, vampiros,
capitáns, revolucionarios, faraóns ,
ao fin unidos despois de andar dezaseis kilómetros a través do campo, do monte,
camiños romanos,
puzles de pedra que nos
traen de Berobreo,
os cans ladran á noite,
mentres volvemos de retirada,
mortos de ansiedade,
entre predicadores dende rochas vertixinosas,
entre malditos vendedores de viño malo.
Nos imos e os nosos pasos
parecen ir arrastrando a terra,
retrocedendo,
pasando entre as tebras que herdamos da infancia
con música de botellas de anís,
cunchas de vieira e palmas.
Despedíndonos dos que van quedando atrás,
para animalos entre abrazos.
Contando estrelas ficticias no firmamento
ata chegar á habitación da casa onde todos dormen,
denudándonos, acariciándonos,
magnetizados, buscando a calor cos nosos corpos,
deixándonos caer un enriba do outro ,
penetrándonos, entre contraccións
volvendo a recorrer o día enteiro,
entre caricias sucando o territorio das nosas peles,
para despois outra vez caer ao vacío.
Como un sortilexio volve amañecer
entre o pelo dela, que vai gardando os meus ollos.
deixome caer sobre o solo de madeira para saudar ,
xenuflexo ao factus,
o día empeza de novo,
apoiando os labres sobre o vidro pronuncio o seu nome.
Esperta o día no ventre da loba capitolina
que amamanta a Romulo e Remo.

Ningún comentario: