mércores, 3 de agosto de 2011

plutón.


padecer impasíbel
que non se esgota
que so espera
á consumación final
e declara mentres
a súa aspiración eterna
se desdí da súa condición
enaxenarse
da pura escravitude
plutón inconscente
misterioso e escuro
unha vez ao ano
rapta a proserpina
e pasa con ela no inframundo
seis meses
mentres que a natureza
durme e se murcha
esperando á primavera
recibe e xulga
ás sombras tristes
escoltado por un can
de tres cabezas
construíndo entre cipreses
e narcisos
o tempo anterior á desnaturalización
ao comercio divino e humano
o camiño do caos e a orde
non é o amor
senón o obxecto do amor
non é a rosa
senón as súas espiñas.

1 comentario:

Louise. dixo...

Impecable explicación do inicio do amor do rapto de Proserpina e os seus fundamentos na cultura grego romana da que tanto estamos influenciadas e influenciados. Mais gregos e romanos e menos celtas. Máis traxedia e menos folclore para espertar.
Parabéns.