luns, 22 de agosto de 2011

ábreo.

despois de abandonar os nosos símbolos
como nunha noite romana
abrazámonos para beber sedentos
a gran marea que avanzaba dunha lúa amarela
que miraba e alumeaba os nosos cobreados labres
facendo xurdir da escuridade os nosos corpos
os nosos brazos coma esbozos dun pintor
que se quecen nas mans e se dilatan sobre o papel.
é o pincel o que imaxina o debuxo
logo o debuxo imaxina á forma
e a forma á natureza.
a nos pintábanos a lúa
deitados arredor da tumba de Sir Moore.
e ao cerralos ollos os pais das imaxes
os soños acosaban os nosos espíritos.
O Amor.
non hai maior calma e tempestade ao tempo.
seguro que non o sabedes
pero sodes insensatos ao non darvos conta
de que o soño vos devolve todo o que perdichedes
non hai homes na terra
e moi poucas esculturas belas
polas que asubíe ao pasar o vento
e ceos empedrados que aínda non veu naide
e un marabilloso olor a follas húmidas e a herba
o futuro é imposíbel sen dor
o derradeiro soño é negro
roma son tódalas noites sen loba que venerar.

3 comentarios:

Louise. dixo...

Fantástico e pleno!. Boísimo percorrido e moi pictórico parece que estou vendo esa lúa amarela.

Anónimo dixo...

Que bonito!.Que bonito!.Que bonito!.Que bonito!.Que bonito!.Que bonito!.Que bonito!.
E a lúa é amarela?.Que bonito!.
Que bonito!.

Francesco. dixo...

Questo punto richiama il movimento del cinema italiano del secolo scorso, il estetetica cromatici possono essere visualizzati è come se fosse una catena di immagini saldati a uno scopo a ogni tocco di vista, ed essere toccati. Sorprendente per voi, ma non rispettati. In buona ora lo fa molto bene.