xoves, 11 de agosto de 2011

socorro.

infectado o ceo azul de cinza
debaixo das follas treme no seu leito
e vomita a vida
as flores cortadas non sangran
a desventura baixa a tragos pola gorxa
enmudecendo as pregarias

a foresta arde nas noites de verao
por unha man canalla

as polas das árbores imploran ao ceo
mentres nos as mollamos con saliva
inocentes bestas morren
ou marchan cara o exilio
as vellas saen das súas casas
e iluminadas polo resplandor do lume
din unha misa polos bichiños
que corren á pista a morrer
diante dos seu marmulos

a foresta arde nas noites de verao
por unha man sen esperanza

nun sobre colledor ritual
anegando a terra de ríos de sangue
que non se ven

é o espertar a morte
falsamente chorada por todos
bagoas que caben no peteiro dunha galiña.


4 comentarios:

Anónimo dixo...

Meu mais sentido pésame.

Anónimo dixo...

Meu mais sentido pésame.

Anónimo dixo...

Meu mais sentido pésame polos bichiños.Pobriños.

Sol de marzo dixo...

Mano canalla que provoca la muerte, que se alza contra los derechos más fundamentales, porque esos montes también tienen derecho a la vida, porque nosotros tenemos derecho a disfrutar de esos montes, porque esos montes son nuestro sustento.
Yo veo el cielo azul infectado de cenizas y lloro, y no son falsas mis lágrimas.
Cierto es: arde por una mano sin esperanza.
Gracias por tu poesia.