xoves, 18 de agosto de 2011

noiturnio do adolescente morto.

Imos silandeiros orela do vado
pra ver ô adolescente afogado.

Imos silandeiros veiriña do ar,
antes que ise río o leve pro mar.

Súa i-alma choraba, ferida e pequena
embaixo os arumes de pinos e d&derbas.
Agoa despenada baixaba da lúa
cobrindo de lirios a montana núa.
O vento deixaba camelias de soma
na lumieira murcha da súa triste boca.
¡Vinde mozos loiros do monte e do prado
pra ver o adoescente afogado!
¡Vinde xente escura do cume e do val
antes que ise río o leve pro mar!
O leve pro mar de curtiñas brancas
onde van e vên vellos bois de ágoa.
¡Ay, cómo cantaban os albres do Sil
sobre a verde lúa, coma un tamboril!

¡Mozos, imos, vinde, aixiña, chegar
porque xa ise río mó leva pra o mar!
Federico García Lorca.
(5 de xunio de 1898 – 19 de agosto de 1936) .

1 comentario:

Anónimo dixo...

Sempre esta ben acordarse de esas persoas que xa non estan e que nos enseñaron cousas,e como non fixeron-nos sentir en certos momentos.
Significou moito Lorca pra ti?
¿Sabes? alguén acordarase tamen de ti porque eres.....DIFERENTE?
Grazas.
(Perdón,non sei escribir moi ben en galego).