luns, 4 de xullo de 2011

neo.


semente que nace con outro nome

vencida

para xerminar noutra terra

baixo outra sombra baixo outra ética

inexorable

fiándollo todo a un exame de conciencia

neo- semente neo- vivir neo-teoria

para librarse do tempo da orixe e da historia

menos do ceo

¿quén fala co ceo?

unha corda na herba semella unha serpe

unha nube no ceo semella un dragón

neo- devir

sen discurso sen xestos sen mirada asimilan os heroes de hoxe o seu trunfo

semente liofilizada transxénica

despois dela extínguese a descendencia

con neo- indecencia.




2 comentarios:

UN. dixo...

Da o mesmo que lle poñan “neo”como si lle poñen “nin” a mesmo é para vestir cun traxe novo ao vello sometemento. Quédanos o ceo!.
Bravos !.
(P.D. Tardas moito en poñer os post).

Anónimo dixo...

Unha boa comparanza.