mércores, 6 de xullo de 2011

marte.

(clica na imaxe)
oh non ceder!
ver unha vitoria que non existe
agora que non sabes volver á derrota
tanto descrédito
e bagoas ilustradas
diluídas nun gin tonic
a un paso do cheiro a mexo
quen te dixo que somos inferiores
a beleza vaise cedo deitase e durme
aliviada nun goce sen ansia
sen contradicións
nas errogas do seu rostro
esa é a vitoria
dunha guerra perdida
so obedecer aos bos sentimentos
as cousas sublimes
ser sublime ata o fondo
por que choramos sos
por que amamos á inxenuidade
por que inspirámolo temor
quen te dixo que somos inferiores
é certo sen risa somos inferiores
en marte  no planeta vermello
o ano dura seiscentos oitenta e sete días terrestres.




3 comentarios:

Anónimo dixo...

Que bo que certo o da risa que pouco a servimos que estupidez tan triste todo isto todos estes que nos arrodean tan serios tan humanos, si cadra en marte se cadramos en marte …………….
Saudiños.

Louise dixo...

Estou de acordo pero moito mellor non imos a Marte. Para que?. Quedémonos aquí e riamos rite dunha vez. Viva Aristoteles!. Viva a risa!. Sermos sublimes esta é a revolución.
Moi bo.

Anónimo dixo...

Parabéns!.