mércores, 13 de xullo de 2011

laurus.


as princesas nas torres
adecentan as súas cofias
con cansos pasos
e límpidas nubes
atravesando as súas venas

corpos enormes
mastiles ergueitos
evocando unha melodía
non escrita
nos seus solemnes regazos

sementa de talco o meu pescozo
antes de que mo corte este soño

eu matei as miradas indiferentes

dille ás palabras que sen tremer
veñan á miña boca
e este suspiro que quede preso
nos toxos do acantilado
na auga que bate alí abaixo
onde danzan as follas
tiradas de loureiro
consagrando esta mañá

que loucura
este emotivo olor que me envolve!

canta un galo enriba dun compás

ás dunas levounas o nordés
onde a miña alma se eleva

eu matei á beleza
co fin de fecundar o teu corpo
nun encaixe tecido de seme

ven e espértame deste soño
antes co sol ilumine
ao meu amado país.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Fascinante imaxe incluída. É vostede de verdade?.

Alguén que pasa por aquí. dixo...

Este amado pais e todo o que leva esta frase esta idea mais ese feito fértil desta parodia entre o contido e o continente enriba do tresillo. Pais o noso pais das marabillas metidas roubadas dentro dun caixón no fondo da terra nunha propiedade privada, asco e repugnancia adoran este feito. Alguén se refíreo a el como o Impais máis concretamente _”Contos do Impais” de Xavier Alcalá. Ferrolán tamén.
Ti acertado con todo. Coma sempre.