xoves, 29 de abril de 2010

arrolo.



cando cheguei xa empezara á misa
o arume do incenso enchía o adro
e as voces do coro esparcianse en ápices
polo campo
ala abaixo os postes da central eléctrica
parecían xigantes atemorizando á aldea
no medio do millo plantado
so algún paxaro deixábase caer de bruzos
nos ferros que parecían longos brazos
para deterse un momento
e gañar un pouco da airexa que do río
subía ata o muro cuberto de musgo e lagartos
eu non estaba só comigo viña un can xogando
que enredábase nas miñas pernas
e de min de cando en vez ia tirando
logo recostábase na herba
e subía a súa cabeza oteando ao lonxe
querendo aproveitalo fráxil salouco
que nos viña a visitar de cando en cando
pensaba para min que ia ser unha magoa
que a nosa amizade durara un funeral cantado
estaba decidido a adoptalo
daríalle cariño, comida e un fogar
o sol mentres caia sobre nos
como si estiveramos abaixo no purgatorio
alugamos unha sombra a beira da igrexa
baixo unha oliva centenaria
canciño cando miraba para min so lle faltaba falarme
con un xesto de desculpa e de pena
amosábame de preto a mesma cara
¡descanse en paz! que a do finado
ao erguela vista ao ceo
un pouco antes de que sairán da misa
do can non quedou rastro
despois da igrexa saíu a miña ama
cuberta de loito e sorteando as mans que a saudaban
como se levara presa por asomarse ao muro
para dende alí imaxinar a quen á estivo a esperar
e non puido ver
as veces todo sae como ninguén quixera
despídense de un e non es capaz de recoñecer
que o que se vai vaise para non volver
de volta a casa polo camiño
eu contáballe este conto para entretela
e ela moi segura me dixo:
o próximo funeral saio antes da igrexa e voume con el
nese momento no ceo pasou unha nube
a modo dun can e fíxose unha sombra
e empezou a chover
voando a altura dos postes
os brazos de ferro parecían acovardarse.

2 comentarios:

Anónimo dixo...
Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.
Anónimo dixo...

Deixeiche un comentario no Penúltimo Acto”. Igualmente.