domingo, 9 de maio de 2010

maio.


entre a fame e as rosas
non hai un soño igual a outro
nin pracer sen ser saciado
nin temor que me invada
neste lupanar cheo de fetiches
no clandestino silencio da noite
onde parece máis fácil toparse
con un deus que con un home
ou morrer nunha frontal mirada
do reflexo da auga dun regato
para quedar a voz suspendida
polo resto dos séculos nun eco
que visite o monte cada noite
cando o lobo empeza a ver a luz
e que se salve
quen o escoite sen envexa e oblicuo
e se non é así
se converta nunha rocha de granito
nunha cabeza afastada do corpo
nun anaco de abecedario
para quedar para sempre
observando mudo o río
esperando a que outro se contaxie
e co reflexo da auga ocupe o seu sitio
e o seu corpo transfórmese nun penedo
a cabeza afastada do pensamento
un silabario calado
esperando saír da imaxe o seu reflexo
nesta noite de maio
para a veneración das vestales.

3 comentarios:

LISA dixo...

This is what I really like mythological poems, historical fill me with so much make me think and be in those days. Very Well. San John.island.Canadá.

Anónimo dixo...

Permítame que lle diga: Si é alguén rotundo é vostede non deixa marxe algún a respirar mentres saboreamos un liquido a mastigar mentres deglutimos a pensar noutra cousa que o que temos diante dos ollos é o que vostede nos presenta.
A escenificacion de Narciso neste poema é de todo contemporánea nesa frase admirable por certo “ e que se salve quen o escoite sen envexa e oblicuo “ e o das vestais xa é entendible dende o xiro cara o comezo, tamén dende logo esas citas de maio da fame e as rosas e a lus e o lobo. Unha boa escolma. Parabéns.

Anónimo dixo...

Podese ulir maio e vela noite e a anguria de cambear a posición mellor de que álguen releve ao outro na súa posición. é isa a ofrenda ás vestales?.