martes, 25 de maio de 2010

a cor do alivio.

xamais
sabias que algo de min morría en ti
para non espertar xamais
déixame as túas mans para lavarme
fálame para aforrar as palabras
e pensa que dincho todo
o meu silencio tamén
tan sinxelo e dicir si
como deitarse indefenso
e convidarme a saír de min mesmo
antes de intercambiar a carne
por unha promesa que adquirín
dubidaches algunha vez que eu
só quería confesarche
que a dor ten a cor do alivio
unha promesa imposíbel de cumprir.

3 comentarios:

LISA dixo...

Exciting video y bueno musica Porcupine Tree, solo closed afterwards luego todo es estupenda. En norabuena.. Exciting video and very good music Porcupine Tree, perhaps a little closed soon afterwards everything is fine. In good luck to. San John.island.Canadá.

Anónimo dixo...

Eeeeeeeeeeeeeeeeeiiiiiiiiiii. Romántico. Emocinal e romántico. Aplausos.

ELIAS dixo...

MOI FERMOSO.
Que pas tron?.
Non entendo; non era unha caixa de cervexas, entón? Por certo o que sae espido diante dunha muller deitadad nunha cama é Jim Morrison? Lastima que non me funcione o audio.
Pero o máis confuso de todo co pedazo artista que estás feito;poesía,escultura,curtametraxes,....
que carallo fas matando o lombo no monte, se ben é certo que do aire non se vive. Non sei.
En fin, desculpa a tardanza e as faltas ortográficas e coidate das abellas.

UNHA APERTA