mércores, 19 de maio de 2010

medea.


quixera non saber escribir
levar enriba a pel dun animal
e abalanzarme
sobre das partes podentes
das cousas
para logo en paz
entregarme ao meu liberto
arroxar de min a miña impudicia
cazar para preceder á relixión
posuír a virtude
para dominar esta ira
e cego como un salvaxe amar
como cando non vemos o que facemos
nin o tardío arrepentimento
para levalo tanto tempo ás costas
para adorar un sarcasmo
onde esta Médea!
dime que é máis que unha pintura
un fresco na parede que se vai esvaecendo
para debaixo da súa túnica vernos
cando nenos xogando ás chucas
mentres ela rega a semente
que en min floración invencible medra
que aínda non podéndose ver
ninguén pode detela
e vai arrastrando todo consigo
tomando pulo nesta feliz loucura
que inflama as vísceras todas
e a compaña humana aborrece
para a que non hai peirao nin abrigo
onde a dor e o amor incansábeis bailan
sobre un chan de pensamentos
pechados en cada recadro das lousas
que á tempestade anteceden
un ourive de amas de cría
que nos meus ollos se asoman
para precipitarse
ao destino de tódalas cousas.

3 comentarios:

UN dixo...

Que ollo tes por iso estas nos meus favoritos. O mito de Medea e tan actual que agora vense en chamar “Síndrome de Medea”hai bastante diso na rede e tamén na vida de cotiá. Moi Bo.Unha aperta.

Hara y Kiri dixo...

Que “boa” Medea que boa a CALLAS que bo Pasolini e que bo o poema.

Unknown dixo...

He estado mirando tu Blog y me parece muy interesante. Tengo una página que se llama
www.todocharlas.com que es para charlas online y charlas programadas. Me gustaría
proponerte una entrevista o una charla con tus comentaristas para que tengas contacto
directo con tus usuarios.

La página es gratuita y como verás, muy facil de utilizar. Puedes visualizarla y hacer
un Post comentando lo que te parece o proporcionar información para la charla que quieras
organizar, estaré encantado de ayudarte.

Creo que puede ser bueno para ambos, tu contactas con tus usuarios y yo aprovecho para
difundir mi página web.

También me gustaría saber si estarías interesado en intercambiar un link con mi página http://www.todocharlas.com.
Lo pondría en la sección "Consulta las Webs amigas" http://www.todocharlas.com/webs_amigas.php. Si te parece bien,
puedes indicar esto como link en tu página: Todocharlas – Web para programar charlas por categorías y comentar la actualidad.

Cualquier cosa, me contactas en http://www.todocharlas.com, muchas gracias si te decides,
y si no, enhorabuena por tu blog y mucha suerte.

Francisco