mércores, 14 de abril de 2010

réptil.


suspirabamos de pena por ocultarnos
e os minutos que pasaban
pasaban artificiais
se non fóxemos ameazados
polo medrar dos talos e o sorriso das flores
no seu contaxio
non lograriamos que esquecidos
os nosos brazos se ergueran
se abrazaran e fundidos foran un só
un so bico, unha soa bagoa, un só latexo
nin abririámola maleta e guindariamos fora
a indolencia que levabamos dentro
e detidos no centro da estrada
onde os cans nos xaneiros
xóganse a vida
no ir e vir de cortexalas cadelas
as mans como ácimos
reptararían polos nosos corpos
como nas parras
e estariamos arranxando non sei qué
en troques suspirabamos de pena
cando se mira así un esta dentro doutro
aínda que se saiba ben pouco de todo isto
ou que alguén tivo que facelo antes
nun xardín futurista movíanse como monecos
traballadores vidos de fora
dentro do intestino dun inmenso rúmiante
que despois de dixerilos
miraba para nos con burla e berraba:
os probes do mundo ¡presentes!
os que non chegan a mediados de mes
¡presentes tamén!
e nos suspirabamos de pena
pedindo un desexo a longo prazo
para volver a miralo chan
e desterrar dos ollos tanta vergonza
de estar nesta ringleira á forza
escoitando tódolos sons do dia, todos
ata quedar xordos
os obreiros non falan como literatos
nin como poetas
non cambian os significados dos significados
non tapan os ollos
volven submisos ao inferno outra vez
esquecéronse da república.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Quiero decirle que me gusta señor la forma de encadenar la historia y que resulte tremendamente obrerista, soy hijo de obrero señor y mis hijos son obreros hijos de un obrero ahorita en paro como le dicen y esto que leo aquí le digo con todas mis fuerzas que me conmueve. Bueno a rabear querido.
Mateo.

Hara y Kiri dixo...

Ola facía que non pasabamos polo teu e estamos sorprendidas xa levabamos tempo pero e que como nos deixas mi ma vas a maiores a maiores, Cóidate e saudiños.

Ramón R. Nogueira dixo...

Para comezar, A POLA TERCEIRA.
E para continuar, moitas grazas por pasarte polo meu blog e deixar un comentario tan rico (a ver como me poño á altura (: ) É tremendamente impresionante como es capaz de facer da historia algo tan doce e á vez algo tan emocionante, teño 17 anos e para min o arte é o ser superior que move a miña vida e cando leo algo teu o meu corpo reacciona cunha mollada de ollos de emoción ou mesmo co levantamento dos cabelos nos antebrazos... xenial compañeiro, xenial.