martes, 6 de abril de 2010

ata


sen pedras non hai arcos
dun tempo ata aquí deixeime ser
mudei de entretemento non vin caso igual
pasei debaixo dunha ponte
e con coidado asinei despois
nunha das súas doelas
ai un tempo no que non estou
para estar mais a miúdo
e despedirme de min
coma se non me fora a volver ver en moito tempo
eu non me coñezo
nin tampouco querería facelo
pois de seguro que asustaríame
poñeríame nervioso
e caería nunha desesperanza
que ninguén ata o de agora coñeceu
e sostendo cos brazos á cimbra
baixo a súa luz
voume acendendo por dentro
afastando a escuridade
dos meus medos
esta alcatrea
escoitando a túa dita
e sinto ledos os meus osos rotos
polo peso que levo enriba
vas ter que facer algo
eu son firme e estrito
unha columna toscana
neste piso baixo
para soster esta ponte
ata que ti mires para ela
e ocupes o meu sitio
debaixo da clave mirando para á xamba
deixando que corra o aire
que corra a auga para que non enturbe
e se podan ver tódalas pedras que forman
este arco.

4 comentarios:

Anónimo dixo...

. Muito bom poema mais surpreendente quanto o domínio das partes de um arco. Como eu disse, bem, eu realmente gosto de como ele combina com o ser humano individual. Quem não possuir um arco?
Parabéns.

Anónimo dixo...

O teu blog coma iste poema é unha sorte de lelo . Felicitacións .

Anónimo dixo...

POETA o teu blog coma iste poema é unha sorte de lelo . Felicitacións.

Manoel Bonabal dixo...

gosto da foto de Saudek (CH)... e do poema, claro.
saúdos