mércores, 21 de abril de 2010

non tanto.


despois de saudar aos merlos
collín e nun recanto do universo
senteime sen presa
por se facía falta tirarme a voar
encolléndome para tomar impulso
estou tan seguro de soportalo
e dende aquí mirase tan claro todo
estou tan lonxe da tempestade
que a outra parte deste esforzo
parece que mudou
quen non seria capaz de velo dende aquí
e iso que sempre estivo para nos
agora que tanto iamos cambiar
agora que dos silencios ían medrar ramas
de arbores deshabitadas e noites antigas
nesta estación onde vivimos
e eu aquí sentado sen presa
baixo este probe teito de estrelas
desocupado de min, estacionado
esperando unha aparición
algo tan estraño como un verso
que me provoque unha reverencia
na seguranza de que esta por vir
no debuxo do son das pegadas dos galgos
cor mel e cereixa
nas leiras negras de labor
onde se erguen os retratos dun home só
que sabe que non lle basta con ter recordos
que o único que o impacienta
é chegar a un misterio máis profundo
a única virtude que me queda por usar
para recoñecelo pasado.
Ssssh en silencio.

3 comentarios:

Frisia dixo...

Ik hou van je blog zo groot deel
Mij legeren su blog taan grootsheid poético algunos de sus paisajes mij recuerdan te mi país Holland inclusief su atmosfera. Es muy agradable loeren te usted. Groeten uitdesde Holland.

DUN dixo...

En silenzo dis ao final e cando cheguei ai aínda estou escoitando aos galgos e véndoos desa cor que tan ven describes. Gústame. Deica .

Anónimo dixo...

Os mellores poetas sen dúbida, os merlos. Canto sentimento. Precioso de novo.

Ramón R. Nogueira