venres, 26 de febreiro de 2010

rabia


Camarada:
lamento descoñecela fraternidade
mentres falas de batallas perdidas
no nome doutros
e agochalos ollos ante a mirada
culpando ao tempo de todo
coma unha maldición de por vida
dis que a explotación non é explotación
e a inxustiza é un paradoxo
cantos desempregados fan falta
para formar un exercito que dispare
contra ás palabras caladas da burguesía
e aos sindicatos
están pasando tantas cousas
que tópico é o compromiso
alguén pensa que serve para algo?
e que o que escribe versos é libre
mentres todo esta por facer ?
que os adoquis dunha mesma rúa
son iguais de noite que de día
lamento descoñecela fraternidade
non esperedes máis e matádeme
están pasando tantas cousas
pero a verdade non ten palabras
ten berros e rabia
cando os intelectuais “do eu fun”
acudan aos prostíbulos a confesarse
borrachos de fe
eu serei tan comunista coma eles
un profesional das verdades a medias
e “do agora xa non”
e formarei a par pra ir en contra
do amor e a carne
non esperedes máis e matádeme
profesionais das verdades a medias
somos iguais de ignorantes
so os diferenciades polos días sen futuro
eu escribo como un poeta
como un proscrito
enriba da terra sen producir
so doume a volta para escoitala voz que fala
dos que aínda pensan que podemos ser libres
para encerrarnos onde quereramos
non hai quen se escape
Camarada: non me entenda mal
non hai quen se escape desta idiotez perfecta
periferias colonizadas
todo en contra de todo
todos contra todos
disidentes de todo menos da patronal
sen deixar de ser un anaco do bloque soviético
alguén pensa que o compromiso serve para algo?
e que o que escribe versos e palabras é libre?
que os adoquins dunha mesma rúa
son iguais de noite que de día
cantos versos fan falta
para dicir dunha vez por todas
que nos mandamos na nosa fame
que só hai xustiza para os ricos
que a dignidade non ten prezo
¡Que rabia!.
que seguimos a pagar a quen nos rouba
e que lamento descoñecela fraternidade.

4 comentarios:

Anónimo dixo...

GRAZAS.

Anónimo dixo...

GRAZAS.......... MOITAS GRAZAS.

Bolchevique dixo...

Vaia co Lenin non sabia e que ben venlle un respiriño. Ai comunistas ¡Comunistas!. Se as cloacas falaran.
Deica.

Miguel Ángel Alonso Diz dixo...

Un saúdo meu ben querido Leirachá. Gústoume o poema, (non podía ser doutra forma cando as palabras se alian coa túa pluma).

Hoxe, erguinme cedo e baixei a tomar un cafeciño mentres disfrutaba dos teus versos e te deixaba constancia escrita de que ainda que non me vexas, nin me sintas, estou ai no medio da escuridade, forxando na noite dos meus ollos....soños...