martes, 2 de febreiro de 2010

alma


esta tarde vou facelo
vou lamela ansia de saír de aquí
e rematar de debuxar unha illa
mentres ti les un libro
e saír da miña vida
para axudar a unha moneca
no seu embarazo
e evitar avergonzala
querendo habitar outra cidade
tódalas noites
que pasaron sobre min
como un pensamento
que non se debe pensar
esta tarde azul
mentres ti estas moi lonxe
escoitándome
con un billete equivocado no peto
vou lamela ansia de saír de min
da man dunha moneca embarazada
so ela sabe da miña impaciencia
para superar isto
non llo confesei aínda
pero esta tarde tan azul
non hai nada máis co ceo
comparado coa súa mirada benévola
como unha estrela fugaz
que non precisa que lle pidas un desexo
vou trazar unha lúa na auga
desta illa debuxada
esta tarde mentres ti escribes
e estas tan lonxe
esperando a un paxaro que te leve
no seu vo ascendente
ninguén sabe de min nin de ti
nin de ninguén que teña a súa alma
atada dentro do seu corpo.

4 comentarios:

Anónimo dixo...

Bravo Maestro!!!!!!!!!!!

DUN dixo...

Meu ben querido Leirachá: Encóntroche aquí neste teu recuncho e fáixeme tan especial como o es ti, sempre tan firme , sempre por diante SEN RUBOR NINGUN, dicindo e empregando desafiante o verbo. Que grande es amigo e que ALMA tes, que a conserves moito.
Cóidate. Dun que te quere.

gambia dixo...

Estou por dizer que você é algo mas imaginable ou é alguém especial o que diz, o que nos conta é profundo muito profundo como lhe diria é o que queremos encontrar no poço dos desejos e não nos atrevemos tão sequer a olhar. Obrigado um saúdo de Gambia.

Anónimo dixo...

Un consejo:
No dejes que nadie calle tu verdad.