mércores, 17 de febreiro de 2010

canto


“mira, deusa Hathur, o faraón ven a bailar e cantar”

faraón , faraón onde vas así tan triste
co disco lunar no teu peito
cos teus ollos mercenarios
tódalas estacións pasaron por riba do teu tocado
fundiches na cunca de viño
os mesmos labres que amordazaban o silencio
antes de cazalo antílope no deserto
faraón, faraón agora cangas queda ao outro lado do nilo
cas súas augas anegadas de crocodilos
e ti despoxado do teu trono
díchelle todo o que eras a Atón
liberaches a esfinxe
para quedar só con mirra e incenso
sen gobernar o orde do universo
nin as medras do rio
nin o movemento celeste
faraón so che queda a derradeira ofrenda
para cumprir o rito
afogar tódalas túas penas
nesta cunca de viño tinto
despois de tratar de iguais aos deuses
camiño do éxodo
se podo bailo se podo imploro se podo choro
se podo vou ou veño
se podo devólvolle o tributo ao pobo
deixo que os sacerdotes me dean consello
e con un fío xeométrico coso os meus pensamentos,
átoos e logo os encerro
para non sentilo corazón
dentro da pirámide que é este corpo
para cantar e bailar:
“mira, deusa Hathur, o faraón ven a bailar e cantar”
“e as cancións chegaron a estar tristes”.
se podo canto se podo bailo
se podo choro se podo morro na beira deste rio.

5 comentarios:

Anónimo dixo...

Me caches tampouco é para poñerse tan . ¡Viva o Carnaval!.
E descansa un pouco o que ti sabes Meu.
Apertas.

Hara y Kiri dixo...

Pobre faraón a este lado del Nilo, con todo que bonita canción.

Anónimo dixo...

¡¡¡¡¡¡¡¡Queremos a outra foto.!!!!!!!!!!.
Plataforma de afectados.

Anónimo dixo...

¡¡¡¡¡¡Unome!!!!!!! a plataforma de afectados.

Anónimo dixo...

Eu tamén onde me apunto. que a poña que xa lla vimos.
Veñas.