xoves, 31 de decembro de 2009

quen


ti ilumínasme
non é un facho o que prendes
é unha chama fría e apagada
que abonda con supoñer
e sen embargo sei que ilumínasme
que abóndame esta escuridade
e desexar un cometa en vez dun anel
a respiración das branquias
do meu pensamento
a racionalidade pouco común
e tódolos soños dos que non me acorda
chégame con escoitarte
pero lamento que aínda mo preguntes:
quen son eu?.
sabes que son un prisioneiro
que tira tódalas chaves dos desexos
ao mar
para non abrir nunca o cárcere
que tenme preso
quen sodes vos?
os carcereiros,
que fan os carcereiros?
secalo mar para topalas chaves
que fai un prisioneiro?
tentar fuxir
coma un animal
farto da súa docilidade
despois de descubrir
unha racionalidade pouco común
ter de tiralas chaves ao mar
quen son eu?
quen aprende a falar
quen ten unha cometa en vez dun anel
e defende unha idea perversa
para que ti me ilumines.

4 comentarios:

Anónimo dixo...

FELIZ ANO NOVO E GRACIAS POR DARNOS TANTO NO 2009 E QUE O SIGAS FACENDO NO 2010=3

Anónimo dixo...

Parabéns e moi que moiiiiii feliz ano teñas.

Anónimo dixo...

Cal é a idea perversa. ?
Felis 2010 e Bos Reis.

Hara y Kiri dixo...

Feliz y Prospero año lleno de poesia.