
baixo outra pel ofrécennos
a inferioridade da forma
unha sociedade de palabras alleas
renunciar aos poderes do clan
ca obriga de irmos as costas
levando esta irracionalidade
máis envolve o noso corpo un latexo
de sermos comestos polos licántropos
sacarnos a nosa salvaxe condición
para seguirnos a sacrificar
unha fala que pide hospitalidade
na súa propia casa
e dende un balcón propio
tender a nosa dote ao sol para que seque
ou nos momentos de lecer
darlle de beber ao océano
mentres as frases esperan polo ton
para acentualas prudentemente:
aínda desoímos as nosas débedas
coma se estiveran por ser
e pola contra construímos á linguaxe
facéndoa sempre nova pronunciándonos
con un respecto antigo
que acariña a mare e a estremece
ata golpearnos a súa resaca
que vai licuando a espera
de sermos dereito e natureza
a bala de prata
para non estribar nun país murcho
e esquecido de seu
senón eternamente na súa lingua.
a inferioridade da forma
unha sociedade de palabras alleas
renunciar aos poderes do clan
ca obriga de irmos as costas
levando esta irracionalidade
máis envolve o noso corpo un latexo
de sermos comestos polos licántropos
sacarnos a nosa salvaxe condición
para seguirnos a sacrificar
unha fala que pide hospitalidade
na súa propia casa
e dende un balcón propio
tender a nosa dote ao sol para que seque
ou nos momentos de lecer
darlle de beber ao océano
mentres as frases esperan polo ton
para acentualas prudentemente:
aínda desoímos as nosas débedas
coma se estiveran por ser
e pola contra construímos á linguaxe
facéndoa sempre nova pronunciándonos
con un respecto antigo
que acariña a mare e a estremece
ata golpearnos a súa resaca
que vai licuando a espera
de sermos dereito e natureza
a bala de prata
para non estribar nun país murcho
e esquecido de seu
senón eternamente na súa lingua.
4 comentarios:
Esta lingua é un trapo de tanto tirala e subila e tanto frejar con ela o que non quere dicir que unha bala de prata pódao remediar creo que tampouco pois galeg@s= licántrop@s?. Home ti saberás. Un pracer de lerte.
É así é tanto que é . Moi bo.
Gusto da súa escrita do seu mundo das súas definicións máis todo elo faime pensar que non son os que están ten que haber máis . Somos máis e por veces máis nada. Cóidese .
Moi bo como todos.Algun día daranse conta que somos galegos e temos unha lingua que por certo e moi bonita.Así que adiante.
Publicar un comentario