
dubídache algunha vez?. eu non
ti de ti, si?
ti roubáchesme, soubéchelo
e sabias que algo de min morría en ti
para non espertar xamais
xamais
ti roubáchesme pois algo de min esta morto
só e baleiro
atravesado por esta dor
mal prestada polo tempo
déixame as túas mans para lavarme
fálame para aforrarme as palabras
para convencerte de que algo de min esta morto
e pensa comigo que dincho todo
o que non fun capaz
o meu silencio tamén
tódolos meus bos pensamentos
e tampouco abondou
tan fácil como confundir
o corpo cunha embarcación
tan sinxelo dicir que si
tan difícil como esquecer
o son dos pensamentos
preguntar por alguén cando non esta
deitarse indefenso
para convidarme a saír de min mesmo
antes de intercambiar a carne
por unha promesa que adquirín
antes de nacer
unha lectura anterior a ser lida
a urxencia de facer as cousas
antes de facelas
para descubrir que non estamos seguros
dubídache algunha vez
de que eu só quería confesarche
que os soños teñen o color do alivio.
unha promesa imposíbel de cumprir.
ti de ti, si?
ti roubáchesme, soubéchelo
e sabias que algo de min morría en ti
para non espertar xamais
xamais
ti roubáchesme pois algo de min esta morto
só e baleiro
atravesado por esta dor
mal prestada polo tempo
déixame as túas mans para lavarme
fálame para aforrarme as palabras
para convencerte de que algo de min esta morto
e pensa comigo que dincho todo
o que non fun capaz
o meu silencio tamén
tódolos meus bos pensamentos
e tampouco abondou
tan fácil como confundir
o corpo cunha embarcación
tan sinxelo dicir que si
tan difícil como esquecer
o son dos pensamentos
preguntar por alguén cando non esta
deitarse indefenso
para convidarme a saír de min mesmo
antes de intercambiar a carne
por unha promesa que adquirín
antes de nacer
unha lectura anterior a ser lida
a urxencia de facer as cousas
antes de facelas
para descubrir que non estamos seguros
dubídache algunha vez
de que eu só quería confesarche
que os soños teñen o color do alivio.
unha promesa imposíbel de cumprir.
4 comentarios:
Brillante escena estética e emocionante texto parecen feitos para si.do bo..bó.
Deica.
B R A V O
Eu dubidei. E vosoutros leitores? E vôce?
Saúdos...
Por certo fun eu o do imprudente verso de "vai t..."
Son covarde e mais te leo sempre. Estropear unha obra, en fin non ten perdón. Sintoo... Saúdos. Pareciam de xustiza facelo por aquí.
Sempre teu, G.P.M. Supoño que xa o sabrías. Nunca é tarde... cando a dita é boa.
Peró, que caralho vem ser isto? Alguem que suplanta identidades ou que rouba ás deidades?
Peró, que caralho vem ser isto?
Alguem irreverente e genial ou
que rouba as ás sem senso?
Meu, es un eu-genio!
M.P.G.
Celebro que vocë encontre una palavra para jogä-los tempos de hoje e dizer taö claro a sua opinhäo.
Obrigado.
Publicar un comentario