martes, 24 de novembro de 2009

xaponeses

xaponeses!, xaponeses! o panciño universal!

vigo era........pais, fillos, futuro, traballo e industria
e ela alí maxestosa dende o outeiro mirando á ría
amasando nas súas entrañas seres con fariña
que entretiñan os seus dentes con pan negro,
o branco deixalo para os ricos!
xaponeses!, xaponeses! pan de luxo a un prezo corrente!
ceres pasea sola e en silenzo
polas ruínas da panificadora alí na falperra
deixando tendido a Jason e xa morto Plutón
raptada a abundancia e os dons
o pan pisoteado e deixado podrecer polas ideas
homes que son lobos sen fame, matar por matar
xaponeses!, xaponeses! o panciño universal!
ocupado o seu vacio pola inmoralidade humana
detense a noite e conmovese pola dor do pan furtado
amorriñando a muiñada o amasado
e o arrecendo que o vento levaba por toda a cidade
fermentando a liberdade dos seres
recen chegados do inferno á hora do crepúsculo
xaponeses!, xaponeses! pan de luxo a un prezo corrente!
os silos aínda esperando cheos de fariña
ser convertidos polo olvido
ceres na panificadora desvalixada, incendiada, ocupada ,
desolada, especulada e soa
facendo xa oitenta e cinco anos na falperra
cando o rei alfonso dicía pola radio dun día calquera:
aquí me colocaron y aquí tengo que seguir
e o noso alfonso publicaba “cousas” e entraba na real academia
xaponeses!, xaponeses! o panciño universal.
cámbiastenos o pan polo infortunio
para alimentarvos vos e deixarnos as codias
que nos de fame xa vivimos sempre
pois todos, ricos, medianos e probes
poden comer pan de luxo a un prezo de pan corrente.

(xaponeses era un tipo de pan que comercializaba a panificadora de vigo ai oitenta e cinco anos e na súa propaganda dicía a lenda deste poema).

5 comentarios:

INCONDICIONAL dixo...

Espléndido percorrido pola historia dun edificio que a pesares de quen pese mantense en pé e míranos dende seu como a historia que ti dela contas. Parabéns.

Anónimo dixo...

Si señor ah e dinos .Onde fan esas barras?,. Os que non somos de Vigo temos outras cousas tan boas ou tan da historia algunhas xa nin se recordan pois en pé xa non quedan outras están a esperar que caian un dia e suban pisos no solar que ocupaban como ti dis especulación e especulando especulando eles vanse montando e para o pobo nada queda, nin industria nin lecer nin carallos.

pan para o corpo
poesía para a alma
viño para as penas
morfina para a dor
para os amantes paixón
para o traidor desterro
e chan baixo chan para o especulador

Istai

Anónimo dixo...

Ilha Formosa essa panificadora. Ou, pam, pam... praça do pam.. Santiago, onde pugerom issa ferinte busto do Manco.. pusilánime...

Saúdas...

GPM.

Certo, gustou-me