luns, 9 de novembro de 2009

carta


Querido Enrique :

Douche a benvida ao meu novo correo.
Este foi creado expresamente para o desenfreo e a paseón cibernética, a adaptación aos tempos, renovarse o morrer é a razón de ser de esta falsa rosa gótica, tan falsa como a comunicación cibérnetica, sen calor, sen olor, sen miradas pícaras, chispeastes ,asasinas o desafiantes, sen módulos de voz, sen tons, nin fusas, nin semifusas.....tan só a soedade verdana da grafía no seu impulso dactilar.
Tempos modernos, tempos novos que obrigan a competir, .....a demostrar de continuo a túa competencia e a túa valía....., a túa posta en escena mundana,....a túa competencia sexual,....os teus atractivos femininos....os teus misterios...a túa simpatía e frescura xuvenil -pese a quen pese . Todo elo nunha rede que atrápanos como peixes que cedo serán capturados , subastados para logo ser vendidos nas prazas dos pobos. Unha venta que debe de ser precipitada , a mercancía perde frescura enseguida, as gallas ennegrecen , os ollos amortecen. O fedor ameaza ao cheiro cibernáutico.
Imaxínome a túa sorpresa.
Farta xa de ver saír de continuo mortos do armario, decido ser mais orixinal e meterme dentro da torta de cúmpranos para cantar ao Marylin o de "feliz cúmpranos...."
Gustaríame desfrutar as meles da pasión cibernética, emocionarme abrindo correos, tremerme os beizos mentres leo, abrir o ordenador e voar inconscente en busca da mensaxe.....¡como te amo meu pequeno correo!, ¡como te sinto meu doce yahoo!, como te acaricio Verdana, Tahona, Arial...conéctate á miña rede , axúntame no teu arquivo, priorízame na túa bandexa de entrada, ......no me condes ao teu spam.
priorízame
conéctame
usa as túas ferramentas
engádeme a favoritos
non arquives o meu cheiro
non borres o meu sorriso
non mandes á papeleira o desexo
escribe o noso amor con faltas de ortografía, e eu.........
escribirei o teu nome na sede de microsoft e pronunciarei o teu nome tantas veces como centavos ten a fortuna de Gates, ao mesmo tempo acariciarei os teus beizos e abrirei o meu arroio seco para que o teu “píaro” Nilo regue os meus muslos e o deserto fágase fértil, xurda o edén, a vida, o gozo, o pracer, a música, a poesía, a beleza....o amor.

FIN...da carta dunha amada a un amante descortés.

6 comentarios:

Un dixo...

Moi ben por esta muller que te escribe suponse un correo e canto querer escribe tamén e moi boa súa pasión cibernética moi ben collida. A un que sexa con faltas de ortografía eu tamén che engado a favoritos. Deica.

Anónimo dixo...

Dos pistolas para un amante descortés. ¿ Vaya que duro de matar?. Que vaya mi solidaridad por delante no siendo que sea poeta. Feliz cumpleaños. XD.

Hara y Kiri dixo...

Que fuertísimo también valen las cartas que te envían tus amantes. Bueno será por lo de la poesía. Si eres un rompe corazones querido. La verdad, esta muy bien escrita. Un abrazo a esa mujer y a ti lo mejor. Ah ya te vemos en youtube. Que grande……no nos extraña. Vaya. Besos.

Anónimo dixo...

Ojo con el amor cibernetico.

Mediante el chateo o intercambio de mensajes escritos o imágenes, las personas tanto la mujer como el hombre se exponen a ser acosados, extorsionados o que les hurten la identidad, ya que durante el diálogo con un extraño sin darse cuenta revelan algunos datos personales como su verdadero nombre, número de identidad, actividad a la que se dedica y hasta la clave de su tarjeta de crédito,
En algunos casos se dice que extraños acceden al correo electrónico de una mujer, porque muchos cibernautas en busca de aventuras se intercambian información de sus amores cibernéticos y entonces revelan la identidad de las féminas.
Algunos hombres o mujeres buscando un momento de placer o una aventura a través del cibersexo, se han encontrado con su peor pesadilla, larga y tenebrosa, porque la pareja con la cual intercambian mensajes de texto o imágenes, termina acosándolas, extorsionándolas o hurtándoles la identidad. a cambio en algunos casos de una supuesta amistad.
Cibernauta.

Anónimo dixo...

Penso que non é o caso pero de todas maneiras esta ben este apunte sobre o ciber espacio, demasiado tecnico e pouco poetico. Señor Cibernauta usted debe de ter moita experiencia polo que se lee o é un deses artigos de corta e pega tipo do coño sur?. Morro da risa . Sacade un pouquiño máis das vosas entrañas e comprendede o que esta muller querenos decir. Anda. Non esqueza que é unha DESCORTESIA.con todolos meus respectos.
Unha que pasa por aqui.

Anónimo dixo...

De veras que a mellor carta que xamáis lin a un amante descortés por amores cibernéticos e oxalá non chege nunca a rede a atrapar o peixe.

Parabéns a amante cortés
En canto o amante xa se verá en proximos capitulos o seu adxectivo.

AALA