luns, 26 de outubro de 2009

o túnel


ás veces detéñome sen máis
sen contar con elo
fágoo por que si
sen topar ningunha razón
e póñome a falar cas paredes
se son brancas mellor
e escunchadas, antigas, caleadas
cun cadro que se titule maternidade
con unha soa ventá
que me leve á miña infancia
e a poder ser que teñan unha álcena
e ao primeiro golpe de vista
o solo se xunte ao teito
e aló enriba pendure un cravo
por se alguén quere colgar algo
a capucha dun verdugo
o cinto dun axustizado
a garabata dun maxistrado
o gentleman dun cura
a cofia dunha monxa
a bata dun medico
a paleta dun pintor
o amor a min mesmo
ou a miña camisa de forza
as veces detéñome sen máis
nun flashback buscando o absoluto
e non lembro que viña facer
collo unha folla de cor vermello
e nervioso non sei onde metela
mentres me acorda que onte
metín nun bote esta calor
que sinto agora
e logo saco o prospecto
e leo atentamente
que dos posíbeis síntomas adversos
esta non ter lido a certa idade
o túnel de sábato
quedando despois desto
un pouco máis aliviado
e penso que ata fai un anaco
aquí onde sinalo había unha casa
un can, un home, unha vaca
a soidade o desamor, os ciumes,
o odio e a desesperanza.
non perdón, un atisbo de esperanza.

5 comentarios:

Anónimo dixo...

Moi bo nunca lin algo tan fascinante e ademais o sen fin de outras lecturas que ten cada un dos poemas para min algo máis que nos fas padecer cada vez que abrímolo teu blog. Moi bo. Eu si lin a Sábato. Obrigado.

Un que pasa por aquí dixo...

Impresionante. O TÚNEL como denomina o seu autor é aquela parte escura da alma e que o home pretende coñecer como unha verdade metafísica do existir. Supoño que o que relata o poema é pintor como Pablo Castel o personaxe central da obra de Sábato. Bastante o moi verídico. Obligatoria a súa lectura. Parabéns.

Anónimo dixo...

Me entusiasmo el libro y ahora me entusiasma su poema. Le deseo mucha suerte y si la tiene mucha mas todavía. Gracias.

Anónimo dixo...

¡Gustoume!

Anónimo dixo...

La palabra es eterna...aquello dicho queda grabado en el mundo de las formas,para deleitarnos como es el caso de este poema...que nos hace viajar por tus pensamientos ,y ver .. durante un pequeño instante a través de tus ojos,que no es más ni menos que el lenguaje de tu alma, desnudandose ante el mundo...quizás para hacernos un poco más humanos?

Maria........