venres, 23 de outubro de 2009

credo


por confiar
confiaba en que un rato podería cazar a un gato
e compartir os mesmos gustos
deixándome traizoar e ser inxenuo
e esquecer o que o cerebro estábame a dictar
se che digo que confiaba
que a confianza non se pode ver nin medir
e que a fame abre a miña boca
como unha estrada sen saída
se che digo que fun inxusto
que a confianza non se pode ver nin medir
nin pesar nunha balanza
estes días son para min os máis duros
esa noite non puiden aguantar máis
fun unha sombra que tapada por outra sombra
esperaba confiada ao desconcerto
e fun inxusto seino
pero de non ser así que seria do reino animal
a ruda tódolos males cura
o patrón confía en min pero non me da traballo
a diferencia entre claridade e escuridade
e o pouco ou moito que teñas baleiro o estómago
e o corazón encollido
e a conciencia doutros
por elo volvereime meter dentro da sombra
a esperar ao vento cazador
e volverei a ser inxusto, xúroo
por que agora aínda querendo confiar
sei que un rato non podería cazar a un gato
e a confianza non se pode ver, nin medir
nin pesar nunha balanza
ratos e falsos amigos foxen cando escoitan ruído,
como podo negarme a miar
e afastar de min este ratume.

5 comentarios:

Anónimo dixo...

Parabéns unha vez máis e espero moitas veces non é que sexa bo senón moito máis sacar de nos este ratume é por sempre o que temos de faguer. Deica.

Amelita dixo...

Mira rapas isto da confiansa é como a dobre cara da desconfiansa e desir se tes boa vontade vai a mar de ben vaia como Canjas , pois que queres que che dija. Moi bo o poema justame un millón. ¿A cuidarse?.
Amelita.

Anónimo dixo...

Non nos enganemos por favor a confianza é un concepto que derivase do de reputación. A diferencia principal entre ambos é que a confianza é algo que xeralmente establecese entre dúas partes (confío en ti) e a reputación é o resultado da valoración dun conxunto de persoas (é un experto). Xeralmente a diferencia entre ambas clarificase coa seguinte formulación:
Confío en ti pola túa boa reputación (o peso recae na reputación)
Confío en ti a pesar da túa reputación (peso na noción de confianza)
A confianza é un valor que ademais pódese traspasar en forma de referencia, é dicir, si eu confío en Leirachá porque é o meu amigo e ti es meu amigo e eu recoméndoche a Xurxo e é moi posible que confiases facilmente nel tamén. Esto é unha práctica común nas redes sociais para “axudarte” a descubrir xente que posiblemente xa coñezas.
Confiamos en ti
Unha familia feliz.

GPM dixo...

Ai, mima... confianza, non si? ou? non? o que? como? paaaaraaa queeee?

Nada, a confianza é un universal, un ideal, ao fin. É de todos e non é de ninguén.

Hai que cuestionala por suposto... sempre, mais gañando todos.

GPM julay ogost setembre...

Anónimo dixo...

Por certo, moi bo poema. Arte maior. Rompendo.

GPM julay, ogost, setembre, outubro, novembeeeer, dicembeeerr...