mércores, 16 de decembro de 2009

a choiva


(para unha nova forma de interpretala).

dentro das nosas cabezas ai nubes
que conteñen pequenas gotas de auga
que son pensamentos,
normalmente miden entre 0´5 e 6´35 mm. de diámetro,
dependendo do tipo de desexo.
cando estas gotas medran e superan os 0,1 mm.
caen en forma de precipitacións
sobre o resto do noso corpo humano
e algunhas veces non tan humano,
tamén sobre unha parte do corpo
que ten parentesco coa luz
que vense en chamar das preocupacións:
humedecéndoas, enfreándoas
e cambiando a súa temperatura.
descendendo tamén as nosas influenzas espirituais
así, chamase chuvia á caída ou precipitación
das gotas de auga que proveñen
da condensación do vapor
dos nosos pensamentos na atmosfera
despois de condensarse
dentro da nosa cabeza.
as gotas da chuvia caen en virtude ao seu peso,
e fano a unha velocidade que varía
segundo os nosos desexos, preocupacións,
dubidas e o tamaño das mesmas
e a influencia do vento interno que cada cal posúa ,
solen oscilar entre 4 ou 8 segundos.
e o seu tamaño oscila entre 0.7 e 5 mm. de diámetro.
a chuvia clasificase según os nosos pensamentos
e a súa intensidade nos seguintes tipos de nubes:
cando as gotas dos nosos primeiros pensamentos
caen sobre os demais e son miúdas chamase chuvisca,
sabémolo por que é cando a crise empeza a contaxiarse
e teñen un diámetro -0´5 mm.facendo a súa presencia
dunha maneira pulverizada e flotando no aire
se os pensamentos son pola contra continuos e regulares
e o diámetro é maior chamase chuvia
para logo ser chuvascos que veñen a producir déficit e paro
cando os nosos desexos se interpoñen aos pensamentos
e caen con intensidade de súpeto traen conflictos
inxustizas e desolacións.
convértense ao final en tromba cando os pensamentos
fúndense aos desexos e caen
dunha forma tan violenta e abundante
que provocan en nos riadas e inundacións
para calarnos a boca e afogarnos .

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Cantas cousas en tan pouco espazo, claro que o saber non ocupa................ pero que esta a chover por riba de nos xa o dicía ¿?. Esta ben que alguén o recorde. Tamén desta outra maneira. ¡Bravo!.

Un que pasa por aquí dixo...

Nin que o dijas isto si que é chover!!!!!!!!!

Hara y Kiri dixo...

Que bonito, que explicación mas educativa y sin salirse del guión meteorológico. ¡Que bueno! ¿. Todo eso en nuestras cabezas? Ahora ya sabemos por que llueve. Gracias.