luns, 4 de xaneiro de 2010

flegmón


diante de min vai el
levando toda á causa
engrandecendo dun lado
toda a miña faciana
se lle ato unha corda (ao dente)
e déixoa caer ata o pé
parece dende enriba un globo
que leva a miña cabeza
ata un estado “celeste”
a un mar de antibióticos
estrelas de ibuprofeno e augmentine
e unha tormenta de nolotiles
rógolle axiña
que cando baixe se desinche
e deixe quedar como estaba
a miña real cara
para non volver a escoitalo espello
dicir a berros : quen é este home!
e a continuación despotricar contra min
unha chea de plurais e pronomes
auxilio!. dente redentor
non sei cal deles es
pero se levas este boloardo
nun turbillón
prometo escoitarche antes e con tempo
para non verme nunca máis
aquí enriba deste odontolóxico ceo
e facerche caso
se baixas o grosor da miña faciana
non volvo o prometo
a darche azucre ao louco
nin tampouco bebidas gaseadas
nin combinados
nin xogar a quente e a frío
de dente en dente
coma se do xogo da oca se tratara
prométoche que se saio desta
un ramo de salvia penso colocarche
pendurado
e por espazo dunha hora levalo
en equilibrio por tal desagravio.
pero por favor báixame o flegmón !.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Redondo como una muela como un diente como un poema y tanto duele. ¡mejores te Que.