martes, 7 de xullo de 2009

cortizo


nun cortizo
cheo de cera
e sen poder moverme,
así é como me sinto
cheo de aguillóns
ferinte
e sangrante
sen poder facer nada máis
que aspirar a dor
e mastigala
moi lentamente
as mentiras
para no afogarme.
como un cortizo
cilíndrico escuro
e de sobreira
co corpo inclinado
para non danarme,
abrasado pola calor dentro,
so liberado
polo batelas ás sufocante
dos tánganos
detrás da raíña
para fecundala
mentres as obreiras
aliméntanse
de pan de abella
despois de recorrer
tres quilómetros
en busca de propóleos e
colocalos nos hexágonos.
como nun cortizo
hermeticamente pechado
cos labres cosidos
e os ollos vendados,
para non ouvir nin ver
nesta cidade sagrada,
construción absoluta
para non dicir
ningunha palabra
que poda ser
mal interpretada,
para non dicir
nada que poda ferirte
ou equivocarte,
desexando
que a miña alma
se vaia a Jemis
mentres espero
dentro desta cela
habitáculo matriarcal
preso outra vez a nacer,
cando veña
quen sexa capaz
de abrila e liberarme
e eu de tanto esperar
non sexa vencido.
Mañá non,
¡agora!, prométechemo.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Absoluto: A poesía constitúe un misterio que irrompe na existencia do home transformándoa. A poesía non é nunca un medio, senón o fin da feito humano. É, por exemplo, algo que nos pon en contacto cos deuses como coa voz do pobo, como diría Heidegger, e é nese sentido (entendendo a Deus como unha expresión do ser) media entre o divino e o humano. Como esta verdadeira poesía tan absoluta.
PARABENS.

Amelita dixo...

Ista moi ben o que di iste señor, penso, pero cando pasa aljo así e é moi duro e dentro dun cortizo. Filliño!. Esta moi juapa é cousa túa non si.
Amelita

Anónimo dixo...

Deje el laburo vite de vuelta a Pontevedra y ya podes imaginar alla no tenia pc y lo primero que hice fue veros a vós el blog digo y ahorita como si estuviera en Troya digo tambien la fundo Teucro. Vos sabés.
Livia Laurentina.