martes, 30 de xuño de 2009

abofé


enriba dos refugallos
as formigas
prepáranse para o inverno
movendo o pedúnculo
chamáchedesme
e case desmaio
ao sabelo
constrúo oracións na superficie
chamachedes por min
e eu non estou
deixei dito
que fun a implorar
gramaticalmente
o perfil que teño
é ao desuso
non rima
con ningunha letra
ao uso
pero tampouco son
un .............
agora estou a aprender
o vocabulario
da a á be
“abacelei a túa aba
nun xesto abacial
despois quedei
abaciado
xogando cun ábaco
en forma de be
como o abalo da lúa
abicando os ollos
dos acantopterixios”
chamando por ti
tan real
como o que facemos
cando non nos vemos
para poder durmir
outra noite
esquecendo a regra
de tres
chamáchesme
e case desmaio
ao sabelo
como as formigas
ao final do verán
a raíña e o macho
póñense ás
para partir en vo nupcial
ao regresar
a raíña arranca as ás
e o macho morre
a mesma noite
da súa voda
para poder durmir
esquecendo a regra de tres.

5 comentarios:

Anónimo dixo...

Fallan as distancias, cambian os conceptos, sube a tensión e abofé que nada a cambiar abofé, non hai futuro...ou si? Chamarante, pedirante, porque ti, MEU, es o epicentro do sismo que retomba por algures, abofé que si, o tempo pasa.

Eu poría cabuxo... heheh

Saúdos e boa viaxe...

Anónimo dixo...

Muy interesante la historia pero me pierdo un poco a partir del juego de la a a la b a un que me parece muy interesante y musical.Gracias. ¿Pero lo de la regla de tres?. Como eres.
La hermana de Prometeo.

Amelita dixo...

Mi ma facía tempo que non paraba a escribirche aljo no blog, míroo as veces cando podo e ai atrás paseino bastante mal é cousa da idade que vou contar,
Ajlejrome que sijas dándolle as letras tamén que teñas o valor de non ser tan habitual como outros e que o compliques cada vez máis total que é isto se non un reflexo da vida. ¿A que si?.
Saúdos e ,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,
Amelita.

Anónimo dixo...

Cantas palabras dificiles,!ah¡ e menos mal que non son a unica que me perdo de vez en cando.De todos xeitos ti non cambies nunca,sempre me queda o diccionario.Grazas.

Ela.

Hara y Kiri dixo...

A un que nos vamos un poco de tu poema dias atrás leimos en el periodico The Independent que las hormigas a medida que se hacen viejas, pueden medir casi con exactitud cuanto tiempo les queda de vida. Dawid Moron y sus colegas de la Universidad Jagiellonian en Polonia, han realizado experimentos en laboratorio descubriendo que las hormigas tienen la habilidad de calibrar el fin de su vida y utilizar la seguridad de su muerte inminente para tomar mayores riesgos. Este comportamiento esta muy lejos del egoísmo que caracteriza a nuestra especie, ya que nuestro altruismo es muy diferente, se puede decir que esto nos da una idea de para qué evolucionó el egoísmo en nuestra especie, tal vez porque en el Homo sapiens los ancianos son importantes, pero su conocimiento no ayuda a la especie, no como en el caso de las hormigas.
Precioso el poema, como siempre. Hara y Kiri.