martes, 23 de xuño de 2009

salomé. por que?


a miña cabeza e a mesma
ca do Bautista
cada ano paséana
os pagáns
entre berros e fogueiras
esquecen que
degoláronma
por criticalo poder
por enfrontarme
a Herodes Antipas
por non consentir
que as cousas
se dividan
en propias e alleas
pois son comúns
que é preciso
non conformarse
e é necesario dicilo
ben alto
que perdémolos fillos
e facenda
e que ninguén nos prestou
tal riqueza
por que é nosa
nin a compramos
nin estivo nunca en venda
e si é necesario
clamemos no inmenso
deserto
e queixémonos da beneficencia
ergueita sobre a ventá
nun vaso de auga
onde a clara dun ovo
debuxa
cando será a próxima vez
que como a el
ela lle baile
e lle pida a Herodes
a nosa cabeza
sobre unha bandexa
mentres outro ano
despois do fume
das fogueiras
na amañecida
de San Xoán
no día do seu natal
arrecendo os corpos
ás herbas do cacho
volva asaltarnos
outra vez a mesma pregunta:
¿matamos só aquelo que amamos
para vivir, esquecer e morrer?.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Wilde excelso. Em realidade é a súa história de vida. Condenado pola súa excelência, pola súa diferencia, pola súa modernidade numha sociedade pouco acostumada à razonar máis da conta, filho dumha nacionalista irlandesa...

É a história contemporánea de Galiza. Quando tenciona de erguer a cabeça, sempre hai quem lla corta.

Sim, dende logho, é a nossa fábula

MPG. Amanhá San Xoan!!