martes, 14 de xullo de 2009

lorenzo


sei que así é case
imposíbel pensar neso
dentro desta torre
de bronce
dende onde non miro
a terra
se non fora
un estado espiritual
do organismo
o mesmo vento
que me axuda a voar
afogaríame
nos seus brazos etéreos
sei que non é suficiente
para desculparme
e prefiro renunciar
a todo consolo
neste interrogatorio
ao que me someto
e que por vontade
vou facéndome preguntas
como se foxen as ultimas
como se mañá
non fora a espertar
e o que acontece
no meu cerebro
vai mudando
como as follas
caducas das arbores
sei que así
é case imposíbel
pensar en elo
a véspera do meu
matrimonio
co sentimento divino
bañarme nas gotas
de ouro
que caen da metamorfose
de zeus
sei que non abonda
para desculparme
que queira razoar
para conquerir estados
verdadeiramente sentimentais
para despois ser arroxado
ao mar dentro dun cofre.

5 comentarios:

Anónimo dixo...

Case non daba: Torre de bronce. Zeus, Choiva dourada, Isto faime pensar que refíreste a Dánae, Non o mirei na foto non deducino moito antes de premer nela. Gústame.

Hara y Kiri dixo...

Totalmente de acuerdo todos los los hombres de espíritu principesco mas bien pocos sospechan que Danae esta encerrada en un sitio y ninguno sabe donde.
Simónides, imagina así las lamentaciones de Danae abandonada con su hijo en la frágil embarcación: «Hijo mío, eres hijo de la desgracia y todavía no sabes llorar. Duerme en mis brazos, que te protegen del frío y del viento. Descansa sobre mi pecho tu bello rostro de mejillas de color de púrpura. Todavía no puedes darte cuenta del dolor que aflige a los pobres mortales. Mejor para ti, y ojala tu sueño tenga poder suficiente para contagiarse al mar embravecido».
Eso, solo algunos hombres.............

Anónimo dixo...

E tan profundo que despois de léelo de léelos quedas un como durmido como noutro recuncho que debemos ter nun lugar que so sabemos cando se da este fenómeno.
Gracias por todo elo.

Anónimo dixo...
Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.
Anónimo dixo...

Engaiolado...