martes, 29 de abril de 2014

teseo.

citeime coa mañá nunha fonte
atrás quedaban
a cidade e os seus servos
a idea de deixar de ser
é insoportable
tanto como non deixar
unha porta entreaberta
ou negarse
ao tenue encanto da fatiga
á resistencia do eu
a un tempo pasado
despois de buscar un pouco
de soño
fun por loureiro que non topei
a mañá estaba sentada na fonte
como se tratara de despedirse
o sol tendía a roupa mollada
despois de lavala
para prolongar o devir
que faría eu se volvera a min
eu que crin ao meu pai morto
aos amargores que non sacian
de todo o non convencido
así foran froitas que manchan
os labres ao mordelas
a mañá foise sentada
nun navío de follas
alcanzando as ondas
que subían e baixaban
sorteando os muros
as casas pechadas
as corredoiras mortas
tódolos recordos que non dan sede
a mañá foise para non volver
na cabeza dun minotauro
alá espera Teseo nunha fonte de pedra.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Que sorte lerte imaxino o resto. Xa non se te mira polo “pueblo encantador” voabas moi enriba e notábase dabondo que non querías aterrar. Espero que non aterres nunca e que te coides dos cazadores de aves coma ti a piques da desaparición. Apertas.

Prodichia dixo...

........y para pasar el tiempo en el laberinto nos inventamos juegos"