martes, 10 de decembro de 2013

universo.


esquecín o que tiña que dicir
para cando me poña enfermo
ti non  farías  o mesmo?
os praceres fáciles flotan no universo
nun ceo de migas de pan
polo que paseamos nunha calesa
tirada por cabalos de marino marini
ata a hora da cea
para despois xogar coas estrelas
non teño nada particular que dicir
máis que desexaría
poñer en orde ao descoñecido
que corta a herba do meu xardín
polo que van dous nenos
da man  dándose un bico de futuro
e aínda conservan, certa inquietude
si maduran en min os teus proxectos
e a man da imbecilidade non os podrece
dille el ao ouvido dela
xa é tarde
abaixo da herba
canta o desexo de matar ao xardineiro.

Ningún comentario: