martes, 17 de decembro de 2013

ideal.


cando de neno enterrei a frase
sen embargo
esforzábame por falar mais alto co vento
pero o vento non falaba
queixábase
e devolvíame  un sopro xeado
os días eran longos
para adiviñar as verdades ocultas
das cousas
e os homes facían alfabetos coas pedras
as bolboretas de filigrana e prata
voaban  a redor da luz da estancia
e as súas miradas humanas se acendían
mentres eu acariñaba os seus abdomes
unha noite en vela
era como terminar unha paxina escrita
nun soño para non volver acordala
mellor é chorar por que se foron
tódolos seres amados
que sufrir o que detestas de algo que non conclúe
sen embargo.

Ningún comentario: