luns, 30 de decembro de 2013

final do camiño.

repudiala  razón das falacias
a vontade vive dentro da loita
que emoción ten máis dereito que outra
neste tedio que é escribir
ata que chegue o soño
e cando é así cando acontece
tópate espido liberado das ideas
borracho de remexer na alma tanta espera
con xorda muda e desesperada calma
de tódalas cousas que veñen de fora
deixando so apuntes físicos que se foron
diluídos nos anímicos pensamentos
para  crear novas emocións
o desexo de baixalo telón e cambiar de escena
un tempo sen tempo para vivir
a soidade bailando na lingua dunha vela
aspirar o amargor de tanta dozura
de todo o que non logramos coñecer
e produce un culto descrido
final do camiño para voltar a túa habitación
e sucar o planisferio nun teito escunchado
 esta esgotadora fatiga
doce amargor do que non logramos coñecer
perseguir e vagabundear neste final do camiño
para non desfacer este ensoño
da necesidade maldita de escribir.

 

 

Ningún comentario: