venres, 8 de novembro de 2013

fai falla.


pecharse no corpo soamente
alongar esta dor
deixar de contemplar á soidade
e aínda así a vida fora non é tan violenta
facer da alma unha hospede
de varias vidas
a inmensidade da tenrura
nunha caricia inmaterial nun soño lixeiro
multiplicalas emocións
e aínda así a vida fora non é tan violenta
ala arriba palidecen as estrelas
o tempo te persegue aquí abaixo
deixei de durmir
despois de ter cumpridas as tarefas
e de escoitalos himnos nocturnos
deixei de ser dono de min
para abrila porta a unha hipótese
a verdade  é múltiple
pero a imaxinación é  máis poderosa
e aínda así aí fora a vida non é tan violenta.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

"A verdade é múltiple, pero a imaxinación é máis poderosa. E aínda así a vida non é tan violenta."

Bravo. Efemérides Todo.

Anónimo dixo...

"La realidad de la vida,
la solicitación de las diarias horas,
todo conspira contra la perduración sin descanso de la llama imposible.