venres, 25 de outubro de 2013

falsa causa.


 
eme aquí  
non adoro imaxes deste culto austero
mais que a razón que adoezo
que a sen razón repudio
quen perverte?
quen excita ao espírito?
a carne mentres o corazón durme
cando estamos preto da felicidade
pasamos por ela sen acadala
durmidos
nun berro de dor é goce sen reloxos
eterno ata cando sen sentila ao meu lado
divididos nun enigma
en falsa calma como a razón durmida
idos  como os xoves lampiños
que despois das súas chaladuras
temen os pequenos buracos da noite
e como covardes vanse bébedos  e dóciles
ala cando os dedos se enlacen
e os corazóns confiados se escoiten
e cheguemos ao bico sen temer
que o amor nos distraia
escoitaremos de verdade á alma.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Que grande eres Leirachá que contento seguir lendote.

Anónimo dixo...

E tan grande!
É capaz de facer que a moit@s lle crezan ás.

Anónimo dixo...

Del cielo llueven lágrimas de soledad